Skip to main content
Lugo

Acreditada a especialización do Campus Terra da USC en varias áreas

Por 8 Setembro, 2021Sin comentarios

O Campus Terra da USC, con sede en Lugo, vén de ser acreditado polo Goberno galego como especializo nas áreas estratéxicas de agricultura, gandería e sector forestal sustentables, segundo recolle a resolución publicado este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG), no que se dá conta da especialización do Campus Terra nos ámbitos de coñecemento relacionados con medio ambiente os recurso da terra.

O reitor da USC, Antonio López, deu contada concesión deste selo de calidade e que irá acompañado de investimentos por “un millón de euros ou algo máis” durante cada un dos catro anos para os que se expide esta acreditación.

O reitor da USC salientou a importancia da acreditación do Campus Terra como sede universitaria especializada, un recoñecemento que cualificou como “alto adiante para Lugo e para a USC. A concesión desta distinción significa que “unha comisión moi rigurosa avaliou a a realidade e logo deste proceso obtivemos a mellor cualificación como campus de especialización para un período de catro anos”.

O que debemos facer agora, detallou Antonio López, é elaborar un protocolo de actuacións para estes catro anos, a fin de mellorar aqueles aspectos nos que está a traballar a USC para potenciar o Campus Terra de Lugo: captar máis estudantes, aínda que a evolución nestes últimos catro anos é moi positiva, como o proban as crecentes cifras de nova matrícula, mellor investigación, mellores resultados científicos, máis transferencia de coñecemento… Para acadar estes obxectivos resulta imprescindible contar co apoio económico comprometido pola Administración autonómica, dixo.

Áreas de especialización

A acreditación reforza a súa condición de campus universitario especializado en aspectos como a produción vexetal e a agricultura sustentable, a produción e saúde animal, a alimentación segura e saudable e a xestión forestal sostible. Estes ámbitos encaixan á perfección coa realidade socioeconómica da provincia de Lugo, cuxo campus ben merece a consideración de campus focalizado no medio rural, no senso máis amplo.