Skip to main content
Chantada

Chantada celebra en outubro o VII Outono Musical

Por 29 Setembro, 2021Sin comentarios

Chantada acolle este mes de outubro de 2021 o VII Outono Musical Lourdes Vázquez Ledo no auditorio municipal.

Desta maneira, a cita musical comeza este sábado 2 de outubro coa actuación do grupo vigués Abmiram Quartet. O cuarteto é coñecido pola mestura que fai coa música e o humor, así coma por participar fai anos no programa televisivo Got Talent.

O seguinte concerto será o sábado 9 de outubro, desta vez, coa actuación de Samudra Trío, un grupo que nace da inquietude de facer unha proposta diferente ao estereotipo de recital de cámara.

A continuación, será o turno do cuarteto deBiselas, que actuará o sábado 16 de outubro. Este é un proxecto nado en 2016 que ten como finalidade dar a coñecer a frauta traveseira a través da súa sonoridade en enssemble.

Para finalizar o mes de outubro e este VII Outono Musical, a banda de Chantada realizará un concerto o sábado 23 de outubro. Así pois, hai que lembrar que todos os concertos se farán ás 19.30 horas e terán aforo reducido, polo que se recomenda acudir con antelación.