Skip to main content
Láncara

Láncara recollerá solicitudes para indemnizar posibles danos da tormenta

Por 21 Setembro, 2021Sin comentarios

Dende o Concello de Láncara informan que, como consecuencia dos danos materiais ocasionados polos diferentes cortes eléctricos que tiveron lugar na madrugada do venres 17 ao sábado 18 na Pobra do San Xiao, o Concello recollerá as solicitudes de posible indemnización -á compañía eléctrica de Valdriz-.

Por iso, todos aqueles veciños e veciñas que sufriran danos pola tormenta mencionada anteriormente, poderán solicitar a indemnización na biblioteca municipal, en horario de mañá, de 9.30 a 13 horas ou en horario de tarde, de 16 a 18 horas.

Así mesmo, dende o Concello sinalan que aquelas persoas que teñan seguro, deberán notificalo á súa compañía aseguradora xa que este trámite tan só ten a finalidade de pór en comunicación da compañía eléctrica o sucedido.