Skip to main content
Láncara

O Camiño Real de Láncara será o protagonista nun percorrido guiado o vindeiro día 23

O Concello de Láncara organiza unha nova actividade para o vindeiro 23 de abril da man do guía turístico lugués Guido Álvarez, baixo o seu proxecto ‘Guido Guía’.

Asi, o percorrido terá lugar polo Camiño Real de Láncara, aínda que o punto de quedada para desfrutar desta actividade gratuíta é a Ponte Carracedo ás 17.00 horas.

Todas as persoas interesadas en participar desta experiencia que Guido define como “percorrer a historia e beleza do Camiño Real”, poderán apuntarse chamanddo ao 982 543 077 ou mandando un correo a concello.lancara@eidolocal.es.