Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Entregan ao Museo de Manuel María tres cantatas de Rogelio Groba

Por 24 Setembro, 2021Sin comentarios

A Fundación Rogelio Groba, entidade encargada de protexer o legado musical de Rogelio Groba Groba e de fomentar a súa difusión, entregará este sábado á Casa-Museo Manuel María tres cantatas escritas polo compositor galego de música clásica vivo máis relevante e baseadas en poemas de Manuel María.

A entrega decorrerá durante o concerto que a Orquestra de Cámara Galega dará ás 17 horas no exterior da Casa-Museo Manuel María. A Orquestra de Cámara Galega, fundada hai vinte e cinco anos polo seu director concertino, e fillo do mestre Groba, Rogelio Groba Otero, está composta por músicos galegos formados en diversos conservatorios europeos e cunha bagaxe de interpretación músical polas máis grandes salas de concertos internacionais. A excelencia interpretativa da orquestra permítelle abranxer un amplo repertorio, desde o Barroco até os nosos días, asumindo o compromiso de dar a coñecer a música de compositores galegos, cunha especial mención á obra do compositor Rogelio Groba Groba.