Skip to main content
A PastorizaDeportes TERRACHÁXA

O Pastoricense completa o equipo e prepárase para a Liga

Por 5 Setembro, 2021Sin comentarios

Tras un ano en branco por mor da covid-19 tamén regresará á competición a UD Pastoricense, que continuará na Primeira Galicia competindo dende O Acebreiro.

Volve para dirixir a nave da UD Víctor López, que xunto coa directiva traballou e sigue traballando arreo para conformar un equipo competitivo.

O equipo presenta numerosas baixas con relación á última competición pero esta foi compensada con novas incorporacións. O conxunto ao completo iniciou xa os adestramentos.

Así, continuarán no equipo Iago, Gandoy, Diego, Cristian, Iago Ares, Saavedra, Dani, Celeiro, Javi Vidal, Hugo Leivas e Kanuto e saen do mesmo Rico, que marcha ao Outeiro de Rei; Raú e Manu, ao Foz; Juanma O Castro e sen equipo quedan Casillas, Álex, Álex López, Gabi e Antón.

Polo de pronto hai seis altas, xunto a Adrián e Brais, procedentes do equipo xuvenil, foron incorporados Carlos do San Roque; Suso Orxás, do Riotorto; e Roi, Hugo Grueira, José Antoio e Mel.

A competición iniciarase no mes de outubro.