Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Organizan un taller de memoria en Rábade

Por 25 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Rábade organiza en outubro un taller de memoria. Desenvolverase en sesións de unha hora e cuarto semanais, os luns a partir das 16.30 horas.

As sesións comezarán o 4 de outubro e se prolongarán ata xuño de 2022.

O obxectivo fundamental do taller de memoria é a estimulación de capacidades cognitivas de orientación espacial, temporal e de linguaxe, traballando os dous tipos de memoria, a curto e longo prazo.