Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Actuación de maxia en Riotorto este martes

Por 12 Setembro, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O programa Ler Conta Moito terá a súa continuidade este martes en Riotorto coa actuación de Ian e Elisa, que presentan o seu espectáculo Historias fabulosas, dous magos e outras cousas.

Esta actividade desenvolverase a partir das 18.30 horas no salón de actos da casa da cultura local.

Ian e Elisa empezaron no mundo da maxia de escenario no ano 2006. Durante estes 12 anos de carreira profesional tiveron a oportunidade de traballar internacionalmente tanto no escenario como na televisión, eventos corporativos ou publicidade.