Skip to main content
Uncategorized @gl

Sanidade anuncia unha rebaixa de restricións nos concellos mentres continúa a caída de casos

Por 8 Setembro, 2021Setembro 9th, 2021Sin comentarios

A provincia de Lugo segue mellorando as cifras de contaxios e de casos activos mentres Sanidade anuncia unha rebaixa nas restricións dos concellos, deixando á provincia sen ningún concello na máxima alerta. Así, hai 1.221 casos activos, 90 menos que onte, cun rexistro de 26 novos positivos e 115 altas. Onte houbo un descenso de 81 casos activos, con 26 novos enfermos e 106 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.555 casos rexistrados e 238 persoas falecidas, 21 nesta quinta vaga. Trátase dun máis que onte, xa que faleceu un residente das Gándaras de 79 anos de idade.

A presión hospitalaria mantense. Hai 25 persoas ingresadas en tres hospitais. Na UCI do Hula seguen 4 pacientes, e nas diferentes plantas son 21 os enfermos; 14 están no de Lugo, 2 na Mariña e 5 en Monforte.

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:

    • En alerta máxima: Monforte.
    • En alerta alta: Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Meira e O Saviñao.
    • No nivel medio: Chantada, Lugo, Outeiro de Rei, Baralla, Cospeito e Taboada.
    • No nivel baixo: o resto de concellos.

Sanidade notificou unha relaxación das alertas para o próximo sábado. Monforte deixará de estar en alerta máxima e pasará a alta (sendo o único da provincia) non quedando ningún en Galicia na zona de maior risco. Ademais permanecerán en alerta media Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas e Sarria.

POR COMARCAS

Os concellos con gromos e números elevados de enfermos diminúen drasticamente os seus rexistros mentres cada vez hai máis concellos limpos de covid.

A Mariña

  • A Pontenova leva unha semana sen casos.
  • Alfoz xa son 15 días sen casos.
  • Barreiros, unha semana sen casos.
  • Burela, por debaixo de 10.
  • Cervo, por debaixo de 10.
  • Foz baixa a 13 (1 menos).
  • Lourenzá, por debaixo de 10.
  • Mondoñedo volve ter algún caso.
  • O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
  • O Vicedo sen casos en quince días.
  • Ourol, sen casos xa durante quince días.
  • Ribadeo baixa 3 ata 16.
  • Riotorto, sen casos xa en quince días.
  • Trabada sen casos xa en quince días.
  • Viveiro reduce 1 caso máis ata 15.
  • Xove, sen casos máis de quince días.

Terra Chá

  • A Pastoriza queda con 20.
  • Abadín está por debaixo de 10 casos.
  • As Pontes, por debaixo de 10.
  • Begonte xa leva unha semana sen casos.
  • Castro de Rei baixa 3 ata 27.
  • Cospeito reduce a 15 casos (3 menos).
  • Friol sen casos na última semana.
  • Guitiriz, por debaixo de 10 casos.
  • Meira está por debaixo de 10.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei sen casos na última semana.
  • Pol, sen casos novos nunha semana.
  • Rábade, por debaixo de 10 casos.
  • Vilalba baixa 5 a 32 casos.
  • Xermade, por debaixo de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, sen casos nunha semana.
  • O Incio, sen casos novos en quince días.
  • O Páramo, con menos de 10.
  • Paradela está por debaixo de 10 casos.
  • Samos está sen casos unha semana.
  • Sarria sobe a 24 (2 máis).
  • Triacastela, sen casos novos nunha semana.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, por debaixo de 10.
  • Antas de Ulla baixa 1 ata 13.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla baixa 4 ata 40.
  • Baleira leva sen casos quince días.
  • Becerreá volve estar con 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes xa leva quince días sen casos.
  • Guntín, con menos de 10 casos.
  • Lugo cae ata 264, 25 casos menos.
  • Monterroso cae a 32 casos (9 menos).
  • Navia de Suarna, sen casos novos na última semana.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo, menos de 10 casos.
  • Palas de Rei reduce a 33 casos (2 menos).
  • Pedrafita leva quince días sen casos.
  • Portomarín, unha semana sen casos.
  • Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón continúa con 10 casos.
  • Bóveda leva unha semana sen casos.
  • Carballedo, por debaixo de 10 casos.
  • Chantada reduce ata 20 casos (7 menos).
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte segue baixando. Son 170, 21 menos.
  • O Saviñao reduce a 17 (3 menos).
  • Pantón, por debaixo de 10.
  • Quiroga segue con 13.
  • Ribas de Sil, con menos de 10 casos.
  • Sober xa leva unha semana sen casos.
  • Taboada reduce a 14 casos (2 menos).

AS RESTRICIÓNS

Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.

En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.