Skip to main content
Foz

O Concello de Foz construirá as primeiras pistas de petanca da Mariña

Por 24 Outubro, 2021Outubro 25th, 2021Sin comentarios

O Concello de Foz construirá dúas pistas de petanca, que son as primeiras da Mariña e terán 15 metros de lonxitude e 4 de anchura. Estás incluídas dentro do contrato adxudicado por 57.233 euros a Oziona Soluciones de Entretenimiento SL, financiado con cargo ao Plan Único 2021, da Deputación de Lugo.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “o proxecto inclúe a renovación total do parque da rúa Uxío Novoneyra. O novo contará coas dúas pistas de petanca, circundadas por zonas de paseo de formigón impreso de entre 3 e 6 metros de anchura, ademais dunha zona de ocio infantil con pavimento de caucho continuo  con varios xogos: estrutura  con tobogán, randeeira mixta con portabebé e dúas figuras de arrandear con resortes. O novo parque de Uxío Novoneyra contará tamén con 8 bancos distribuídos na superficie do recinto”.

O rexedor municipal engade que “o proxecto adxudicado inclúe tamén a renovación completa do parque do Paseo de Colón, moi utilizado especialmente en tempo de verán. É un dos máis empregados da vila, nunha zona de restauración moi concorrida. Renovarase completamente, substituíndo o pavimento por un novo solo de caucho continuo e dispoñendo novos xogos: estrutura con tubo e tobogán, arrandeeira mixta con portabebé e dúas figuras de arrandear. Pensamos nos nosos maiores e pensamos tamén nos cativos. Pouco a pouco iremos renovando a rede de parques municipais, tanto no núcleo urbano como nas parroquias”. 

Nos presupostos municipais deste ano 2021 reservouse ademais unha partida de investimento para bancos de 8.000 euros.