Skip to main content
Xove

Rematada a renovación completa do parque da avenida Deputación de Xove

Por 29 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello de Xove acometeu a renovación completa do parque municipal da avenida Deputación coa Rúa Doutor Baamonde Illade, e que ocupa unha parcela de 752 metros cadrados.

Este parque contaba cun equipamento de xogos infantís que apenas eran utilizados polos nenos e familias de Xove, por iso que por parte do Concello se prantexou unha reforma profunda e completa do mesmo.

Tres foron as principais intervencións realizadas no parque, a primeira foi a sustitución dos xogos infantís existentes por outros máis actuais e atractivos para os nenos. A segunda a cubrición da área dos xogos. Dende o Concello considérase este un factor moi importante xa que vai permitir un uso continuado do parque. Ao estar totalmente cuberta a zona de xogos, vaise poder utilizar ao longo de todo o ano, o que é unha moi boa alternativa para os nenos e as súas familias; que os nenos dispoñan dun espacio de lecer que poidan usar incluso nos días de choiva é moi importante para súa saúde física e mental.

E por último a adecuación do chan e de todo o espacio do parque dándolle unha presenza moito máis moderna e actual. O chan da zona de xogos é de pavimento blando, con perfiles redondeados que axudan a seguridade no uso por parte dos nenos.

As tres fases anteriores están rematadas e completadas e ademáis, como medida de seguridade, vaise dotar ao parque dun burladeiro en aceiro inoxidable para evitar a  saída directa dos nenos cara vía pública.

Este proxecto, de iniciativa municipal, contaba inicialmente cun orzamento de 160.567,16 €uros. A licitación desta obra foi gañada pola empresa Instalaciones Bahía Park cun orzamento de 114.671,06 €uros, que foi o custo final da obra.  Desta cantidade a Vicepresidencia Primeira da Xunta e Consellería de Presidencia aportou 40.000 €uros a través dunha subvención, correndo os restantes 74.671,06 € a cargo do Concello.