Skip to main content
Axenda Caducada

O Pazo de Feiras de Lugo acollerá o Día do Veciño

Por 18 outubro, 2021outubro 23rd, 2021Sin comentarios

Presentouse o Día do Veciño 2021, un acto organizado pola Federación de Asociacións de Veciños, unha das entidades máis numerosas de Galicia, que integra a máis de 200 asociacións que simbolizan tanto a realidade do Lugo urbano como do rural. É unha “cita cunha identidade e un peso importante no calendario de eventos da cidade e da provincia, un punto de encontro que fortalece o movemento veciñal, reforza lazos entre os colectivos, así como de toda a poboación”, dixeron.

O Día do Veciño terá lugar o 23 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, que este ano reunirá a máis dun milleiro de persoas debido as restricións da pandemia, pero que no último ano que se celebrou reuniu a máis de 4.000 veciños.

O programa comezará a partir das 10.30 horas, e incluirá unha exposición das actividades levadas a cabo pola Federación de Veciños durante este ano, a celebración dun partido de fútbol entre veciños no Polvorín e actuacións de música tradicional, como a da ‘Asociación cultural Axóuxere de Roupar’. Ritmo Lugo realizará unha actuación de baile e para finalizar procederase a entregar as V do Veciño, premios cos que se homenaxea e se recoñece a labor de personalidades que destacaran pola súa colaboración co movemento veciñal.

Nesta edición marcada pola pandemia non haberá o xantar habitual, e en substitución do mesmo os convidados recibirán una cesta con productos con denominación de orixe e a camiseta do Día do Veciño.