Skip to main content
Axenda Caducada

Adicae prepara unha sesión formativa en Lugo sobre o prezo da electricidade

Por 30 Outubro, 2021Novembro 4th, 2021Sin comentarios

Adicae prepara unha sesión formativa sobre o prezo da electricidade e como funciona o sistema eléctrico, que información contén a factura da luz, o funcionamento da nova tarifa, as vías de reclamación e os hábitos que podemos adoptar para un consumo máis sostible.

Este acto será o xoves 4 de novembro ás 17.30 horas no Salón de Actos da Deputación de Lugo.

“O prezo da electricidade converteuse nun dos principais problemas económicos que afectan os consumidores españois, con máximos históricos que superaron os 300€/ Mwh. Ao encarecemento dos prezos súmase a complexidade do sistema eléctrico e do contido das facturas, que complica a comprensión do seu funcionamento para a maioría de consumidores”, din dende Adicae.

Para participar será necesario inscribirse na seguinte ligazón ou pódese enviar un correo indicando nome e apelidos a lugo@adicae.net ou chamando ao 981 941 397.