Skip to main content
Axenda Caducada

Charla sobre eficiencia enerxética en Pol

Por 31 Outubro, 2021Novembro 2nd, 2021Sin comentarios

O centro sociocultural de Mosteiro, Pol, acolle este martes, 2 de novembro, unha charla sobre eficiencia enerxética no ámbito gandeiro, que dará comezo ás 17.00 horas.

Esta ponencia, que estará ao cargo de un grupo de asesores, está dirixida a explotacións gandeiras e nela informarase sobre subvencións para as instalacións fotovoltaicas, eficiencia enerxética e como aforrar na factura da luz.