Skip to main content
Lugo

O Centrad actualiza a tradición dos colares de zonchos con obradoiros e contacontos

Por 26 Outubro, 2021Xuño 21st, 2023Sin comentarios

O Centro de Artesanía e Deseño desenvolverá os vindeiros  31 de outubro e 1 de novembro un programa de actividades que recupera e actualiza a tradición dos colares de zonchos, vinculada á celebración do Samaín e do culto aos mortos, que se plasma en numerosas manifestacións da nosa cultura popular.

As actividades, dirixidas fundamentalmente a nenas e nenos, desenvolveranse nas instalacións do Centro de Artesanía e Deseño e na Praza de San Marcos.

O deputado de Artesanía e Deseño, Efrén Castro, sinalou que se trata de poñer en valor algunhas das tradicións vencelladas á festividade do Samaín, que nos liga a outras culturas e que aquí ten manifestacións propias, como a dos colares de zonchos, que liga as crenzas vinculadas á morte cun produto vital durante séculos para a supervivencia como a castaña”. 

Domingo, 31 de outubro

No centrAD, rúa Chantada s/n

  • Obradoiro de zonchos de 11:30h a 13:00h.

Verónica Núñez de Caurelor fará un breve percorrido polos tipos de castañas, e unha demostración do proceso de confección dos rosarios, acompañando ás persoas participantes para que cada nena ou neno poida levar o seu.

  • Contacontos, nas instalación do centrAD. Primeira sesión de  17h a 18h e segunda sesión de 18h a 19h.

Unha escolma de contos e lendas de defuntos da nosa terra, da man de María da Pontragha e Ángeles Goás

Para participar nestas actividades, cómpre anotarse previamente a través do enderezo electrónico info.centrad@deputacionlugo.org ou no teléfono 982 21 00 66.  

Luns, 1 de novembro

Na Praza de San Marcos

  • Representación de 11:30h a 13:00h

Recreación dun posto de rosarios de zonchos da man de Celso Sanmartín e Mercedes Buján.