Skip to main content
Lugo

A praza de Augas Férreas acolle un ano máis o circuíto de Xirakarting

Por 16 Outubro, 2021Outubro 17th, 2021Sin comentarios

A praza de Augas Férreas acolle un ano máis ocircuíto de karting Xirakarting, a primeira e única actividade de karting móbil en Galicia.

Dende hoxe recibirá ao público ata o domingo en horario de 12:00 a 14:00. Lugo será a cuarta e última cidade galega que visite  Xirakarting na súa 15ª edición, tras pasar xa pola Coruña, Ourense e Vigo.

Nesta décimo quinta edición de  XiraKarting, os nenos e nenas de entre 3 e 7 anos poderán circular acompañados por un adulto nun kart  biplaza e os que teñan entre 7 a 12 poderán conducir sós un kart infantil, con roldas propias para garantir a seguridade.

Este circuíto preséntase como líder no sector, cunha actividade dirixida a todos os públicos e situada no centro das principais urbes galegas. Ao longo destes quince anos  XiraKarting non deixou de evolucionar, adaptándose aos novos tempos e respondendo os cambios producidos no sector. O que naceu como unha proposta á accesibilidade deste deporte a todos os públicos, converteuse ademais na maior plataforma e berce de pilotos do automobilismo galego.