Skip to main content
Lugo

100 persoas uníronse a #CoidemosLugo no barrio da Ponte lucense

Por 25 Outubro, 2021Sin comentarios

Os veciños de Lugo participaron este domingo na acción de sensibilización ambiental promovida polo movemento Coidemos Lugo nas ribeiras do río Miño ao seu paso polo barrio da Ponte. Unhas 100 persoas, entre voluntarios do colectivo e membros do Campus Terra da USC, uníronse a esta iniciativa co obxectivo de limpar e acondicionar o patrimonio lucense.

Trátase da décimo cuarta acción de sensibilización ambiental promovida por este movemento social lugués, co que colabora o executivo municipal achegando soporte técnico e legal, e que busca concienciar sobre a necesidade de que a cidadanía se implique na limpeza, o coidado e o respecto pola cidade.

Para esta acción, o Concello achegou diferente material como luvas, sacos de lixo, pinzas recolledoras ou carretillas e facilitou un seguro aos participantes. Coidemos Lugo xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de concienciar á cidadanía sobre a importancia de respectar o medio natural e o patrimonio da cidade.