Skip to main content
Lugo

Abre un novo parque infantil en Palas

Por 17 Outubro, 2021Sin comentarios

Palas de Rei conta cun novo parque infantil. Trátase dunha nova instalación posta en marcha recentemente no polígono empresarial de Palas de Rei froito da colaboración entre o Concello de Palas de Rei e o Grupo Jim Sports.

O Concello tamén está a traballar na construción dun parque infantil cuberto xunto ao pavillón do colexio de Palas de Rei o que supón un investimento de máis de 100.000 euros.

Estás obras atópanse na última fase de execución e o alcalde palense agarda rematalas antes de que finalice este ano.