Skip to main content
Chantada

Chantada organiza unha serie de actividades de outubro a decembro

Por 3 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello de Chantada organiza unha serie de actividades gratuítas de outubro a decembro para mozas e mozos de 14 a 30 anos no Espazo Xove Chantada.

Entre estas actividades atópanse clases de pintura ao óleo, teatro de sombras e monicreques, fotografia dixital, cestería e cerámica, enredad@s na rede, música e emocións, teatro e curso de orientación na natureza.

Así pois, para máis información e para matricularse pódese contactar co número de teléfono 982 87 02 58 ou co enderezo electrónico espazoxovechantada.xuventude@xunta.gal

Hai que lembrar que as prazas son limitadas, polo que se cubrirán por rigoroso orde de inscrición.