Skip to main content
Chantada

Chantada celebra o Día das Bibliotecas este sábado cun espectáculo

Por 22 Outubro, 2021Outubro 23rd, 2021Sin comentarios

O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, sen embargo, como este ano coincide en domingo, o Concello de Chantada decidiu celebralo o sábado día 23.

Desta maneira, Chantada acollerá como convidado a Anxo Moure co seu espectáculo A ciclobilioteca na biblioteca.

A actuación levarase a cabo na na biblioteca pública municipal de Chantada, sen embargo, debido ás dimensións da sala infantil da biblioteca haberá tres sesións con grupos reducidos ás 11, 12 e 13 horas, para as que os asistentes se deben anotar previamente, ben presencialmente na biblioteca ou por teléfono no 982 441 752.

Pola súa beira, o horario da biblioteca é de luns a venres de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

Para esta actividade terán preferencia os nenos e nenas, polo que deberán vir acompañados como máximo dun adulto.