Skip to main content
Quiroga

Quiroga abre o servizo de ludoteca

Por 23 Outubro, 2021Outubro 24th, 2021Sin comentarios

O mércores 3 de novembro comezará o servizo de ludoteca que o Concello de Quiroga oferta para os nenos e nenas de 3 a 12 anos. Repaso escolar, manualidades ou xogos educativos son algunhas das actividades que se organizan para os participantes.

Este servizo desenvolverase os luns e os mércores, en horario ininterrompido de cinco da tarde a oito do serán, durante todo o curso escolar; complementándose en época vacacional con outro tipo de obradoiros ou talleres.

Todos os interesados deben anotarse previamente nas instalacións da Casa da Cultura ou a través do teléfono 982 435 125