Skip to main content
Sarria

Sarria festexa o Samaín cunha verbena o 29 de outubro

Por 23 Outubro, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

Sarria celebrará o Samaín neste ano 2021 cunha xornada de música e de ambiente festivo. Desta maneira, o Concello de Sarria colabora na verbena que se vai levar a cabo o venres 29 de outubro a partir das 22 horas.

As actuacións musicais levaranse a cabo nunha carpa que se instalará no campo da feira de Sarria e, dende a organización, animan a todos os veciños, veciñas e visitantes a acudir á cita.

Así pois, será o Combo Dominicano o encargado de comezar a xornada e, a continuación, pechará a verbena a disco móbil Glass. Dúas actuacións que traerán a Sarria unha noite amena, diferente e segura, que contará coas medidas sanitarias correspondentes.