Skip to main content
Axenda SARRIAXASarria

O Concello de Sarria organiza un curso de monitor de tempo libre para as persoas interesadas

O Concello de Sarria, xunto coa escola de tempo libre Vitae e a Xunta de Galicia, organiza un curso de monitor de tempo libre entre o 4 de maio e o 16 de xuño.

As persoas que poden participar desta formación son aquelas que teñan 18 anos, a titulación de ESO e interese en obter o título de monitor de tempo libre.

As clases serán os sábados e domingos de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas de forma presencial na Casa da Cultura, unha formación curta, pero intensa.

O custo do curso será de 250 euros para as persoas que decidan realizar as súas prácticas do curso fóra de Sarria e haberá un desconto para aqueles que decidan facelas no propio municipio.