Skip to main content
O Páramo

O Concello do Páramo adquirirá maquinaria para diferentes traballos

Por 9 Outubro, 2021Outubro 10th, 2021Sin comentarios

O Concello do Páramo inviste algo máis de 48.000 euros de orzamento para adquirir maquinaria que serva para realizar diferentes traballos de mellora do medio ambiente e protección do espazo natural.

Desta maneira, comprarase un vehículo equipado con cesta elevadora e unha desbrozadora de brazo lateral. No primeiro caso dedícanse algo máis de 30.000 e, no segundo, que aínda está en fase de contratación, ten un custo máximo de 18.000 euros.

Así pois, todas aquelas empresas que estean interesadas, poderán presentar as ofertas ata o vindeiro luns 18 de outubro. Dende o día da contratación, a empresa deberá entregar as adquisicións nun prazo de sete días.