Skip to main content
O Páramo

O Páramo oferta actividades para maiores

Por 22 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello do Páramo oferta diferentes actividades gratuítas para maiores, que comezarán no vindeiro mes de novembro.

As dúas actividades que están dispoñibles e que se poderán realizar son pilates e zumba. No caso de pilates, as clases serán os xoves de 21 a 22 horas no pavillón municipal e, no caso de zumba, as clases realizaranse os martes de 21 a 22 horas no pavillón municipal.

As clases de zumba comezarán o vindeiro martes 2 de novembro, mentres que as de pilates empezarán o xoves 4 de novembro. Así mesmo, para calquera dúbida ou para máis información, pódese contactar co número de teléfono 982 539 156 ou no enderezo electrónico concello.oparamo@eidolocal.es