Skip to main content
Samos

O PP de Samos destaca as obras realizadas na biblioteca municipal

Por 20 Outubro, 2021Sin comentarios

O Partido Popular de Samos sinala que a biblioteca municipal de Samos presenta “dende hai uns días un aspecto remozado, como consecuencia do investimento levado a cabo mediante subvención concedida ao Concello pola Xunta de Galicia para a renovación da carpintería exterior”. Os traballos levados a cabo tiveron un orzamento de 7.743,95 euros, e a subvención ascendeu a 5.807,96 euros. O portavoz popular en Samos, José Fernández Vázquez, destaca “a importancia das obras executadas, tanto pola mellora estética que supuxeron como pola positiva incidencia que ten na eficiencia enerxética do inmoble”.

Fernández Vázquez expresou o seu agradecemento á Xunta de Galicia, “por esta nova demostración de interese polo municipio de Samos, reflectido nunha instalación tan significativa como é a biblioteca municipal”.

As obras levadas a cabo consistiron na substitución das carpinterías exteriores, porque as anteriores “atopábanse nun avanzado estado de deterioro”. As ventás que se utilizaron son moi similares ás que había anteriormente.

Tamén foi substituída a porta da fachada principal, que era de aluminio lacado, por unha de madeira de castiro, atendendo así a resolución da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.