Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid segue concentrada na zona da Mariña con casos residuais

Por 1 Outubro, 2021Sin comentarios

A covid retrocede imparable e descende de novo a hospitalización nunha nova xornada de vencemento da quinta vaga.

Así hoxe hai 169 casos activos, 21 menos que onte, cun rexistro de 9 novos positivos e 32 altas. Onte o descenso foi de 16 enfermos con 2 novos contaxios e 17 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.911 casos rexistrados e 252 persoas falecidas, 35 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria volve baixar ata 4 persoas ingresadas en tres hospitais (3 menos). A UCI do Hula reduce un paciente e só queda un, e nas diferentes plantas son 3 os enfermos; 1 na Mariña (1 menos) e 2 en Monforte (1 menos). No de Lugo segue sen haber enfermos en planta.

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:

    • En alerta máxima: Ningún.
    • En alerta alta: Ningún.
    • No nivel medio: Foz.
    • No nivel baixo: o resto de concellos.

POR COMARCAS

A covid segue á baixa pero en diferentes formas. Mentres na Terra Chá todos os concellos levan polo menos quince días limpos, na Mariña é ao contrario, xa que dos 16 que hai, só levan sen casos máis dunha semana 7. No resto da provincia só quedan contaxios en 8 concellos, 3 na zona de Lugo (A Fonsagrada, Lugo e Antas), 2 en Sarria (Triacastela e Paradela) e 3 na Ribeira Sacra (Monforte, Chantada e Quiroga).

A Mariña

  • A Pontenova leva quince días sen contaxios.
  • Alfoz cumpre unha semana sen casos.
  • Barreiros, por debaixo de 10.
  • Burela, por debaixo de 10.
  • Cervo, por debaixo de 10.
  • Foz segue baixando . Son 54 contaxios (7 menos).
  • Lourenzá volve estar por debaixo de 10.
  • Mondoñedo, unha semana sen casos.
  • O Valadouro, por debaixo de 10.
  • O Vicedo sen casos en quince días.
  • Ourol, sen casos durante quince días.
  • Ribadeo, por debaixo de 10.
  • Riotorto, sen casos en quince días.
  • Trabada volve ter casos, por debaixo de 1o, tras máis de 15 días limpo.
  • Viveiro, unha semana limpo.
  • Xove volve ter casos.

Terra Chá

  • A Pastoriza leva quince días sen contaxios novos.
  • Abadín está sen casos dende hai dúas semanas.
  • As Pontes, quince días sen casos novos.
  • Begonte, quince días sen contaxios.
  • Castro de Rei xa son quince días limpo.
  • Cospeito cumpre quince días sen casos.
  • Friol leva quince días sen contaxios.
  • Guitiriz, sen casos en quince días.
  • Meira sen casos tamén en quince días.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei, sen contaxios tamén en quince días.
  • Pol leva tamén quince días sen casos.
  • Rábade, quince días sen contaxios.
  • Vilalba, xa son quince días sen casos.
  • Xermade, leva quince días sen contaxios.

Comarca de Sarria

  • Láncara, quince días sen contaxios.
  • O Incio, unha semana sen covid.
  • O Páramo, unha semana sen casos.
  • Paradela, por debaixo de 10.
  • Samos leva quince días sen contaxios.
  • Sarria cumpre unha semana sen casos.
  • Triacastela, por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, está por debaixo de 10 casos.
  • Antas de Ulla, menos de 10.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla xa son quince días sen casos.
  • Baleira leva sen casos quince días.
  • Becerreá cumpre dúas semanas sen contaxios.
  • Castroverde, xa son dúas semanas limpo de covid.
  • Cervantes xa leva quince días sen casos.
  • Guntín, quince días sen contaxios.
  • Lugo está por debaixo dos 10 casos.
  • Monterroso, cumpre unha semana sen contaxios.
  • Navia de Suarna, sen casos novos en quince días.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo leva quince días sen casos.
  • Palas de Rei xa leva dúas semana sen contaxios.
  • Pedrafita leva quince días sen casos.
  • Portomarín, quince días limpo xa.
  • Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón, quince días sen casos.
  • Bóveda leva xa quince días sen casos.
  • Carballedo xa son quince días limpo.
  • Chantada, por debaixo de 10.
  • Folgoso do Courel, quince días sen contaxios.
  • Monforte seguen baixando os contaxios a 19 (2 menos).
  • O Saviñao suma quince días limpo.
  • Pantón suma tamén unha semana limpo.
  • Quiroga, por debaixo de 10.
  • Ribas de Sil xa son quince días sen casos.
  • Sober, unha semana sen casos tamén.
  • Taboada, sen casos en quince días.

AS RESTRICIÓNS

O plan de hostalería segura entrou en vigor. O DOG recolle o novo protocolo que indica que as barras poden usarse de forma individual ou cun máximo de dúas persoas por grupo sempre que sexan conviventes.

As barras dos bares abrirán nos establecementos situados no tipo 2 do novo modelo, que non depende da incidencia de casos covid do municipio, senón que ten que ver coas esixencias que se cumpran por parte dos locais.

Os locais de tipo uno terán as seguintes condicións e requisitos: interior ao 50%, exterior ao 75% de aforo; distancia de 1,5 metros entre mesas, exposición pública de aforos, medidor de CO2 con notificacións como máximo cada 4 horas; máscaras cirúrxicas para o persoal; e dúas horas de formación de protocolos covid para o persoal.

Pola súa banda, os locais do tipo dous, con maiores esixencias, deberán contar cun medidor de CO2 que faga anotacións constantes. Tamén deberán dispoñer de máscaras FFP2 para o persoal que o requira, deberán facerse probas diagnósticas cada sete ou oito días e haberá un rexistro de clientes nos restaurantes.

A estes, súmase un terceiro nivel, de seguridade, que só será de aplicación cando así o decidan as autoridades sanitarias en situacións extraordinarias pola gravidade da situación epidemiolóxica e a ocupación asistencial.

Especialmente, segundo recolle o DOG bis, incídese nas condicións de adecuada ventilación que velen pola calidade do aire interior, así como o establecemento dun plan de control e inspección autonómico, en colaboración coas entidades locais.

Entre outras cuestións, incide tamén en que deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre mesas ou, de ser o caso, agrupación de mesas, coas limitacións xa impostas ao número de persoas.

AFOROS

Sanidade avanzou que a hostalaría verá ampliada a capacidade de atender en cada unha das súas mesas, de maneira que se poderán xuntar grupos de ata oito persoas en interiores e de 15 en exteriores, fronte ás seis e dez actuais.

Tamén eliminan a limitación de circulación nocurna ás 3 a madrugada.

Os estadios de fútbol tamén poderán chegar ao 100 por cento do seu aforo, medida que entra en vigor o 1 de outubro. Os pavillóns de baloncesto estarán ao 80%.

Na cultura, poderá ocuparse o 50% no nivel máximo de alerta e o 75% no resto de niveis pero sin límite total de persoas como sucedía ata o de agora.

En concertos ao aire libre o máximo será de 5.000 persoas en parcelas o agrupamentos de 500 e sen superar o 33% das parcelas.