Skip to main content
Uncategorized @gl

Os casos baixan ata chegar case ao centenar

Por 4 Outubro, 2021Sin comentarios

A covid segue á baixa cometa de superar o antes posible a barreira dos 100 casos pero sen que a hospitalización pare de subir.

Así hoxe hai 119 casos activos, 15 menos que onte, cun rexistro de 5 novos positivos e 20 altas. Onte o descenso foi de 11 enfermos con 5 novos contaxios e 16 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.930 casos rexistrados e 252 persoas falecidas, 35 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria volve subir ata 8 persoas ingresadas en tres hospitais. A UCI do Hula segue con 2, e nas diferentes plantas son 6 os enfermos; 2 na Mariña (1 máis) e 4 en Monforte (1 máis). No de Lugo segue sen haber enfermos en planta.

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:

    • En alerta máxima: Ningún.
    • En alerta alta: Ningún.
    • No nivel medio: Foz.
    • No nivel baixo: o resto de concellos.

POR COMARCAS

A covid segue á baixa e mantense estable nas últimas 24 horas.

A Mariña

  • A Pontenova leva quince días sen contaxios.
  • Alfoz cumpre xa dúas semanas sen casos.
  • Barreiros, por debaixo de 10.
  • Burela, por debaixo de 10.
  • Cervo, por debaixo de 10.
  • Foz baixa de novo. Son 30 contaxios (6 menos).
  • Lourenzá, por debaixo de 10.
  • Mondoñedo, quince días sen casos.
  • O Valadouro xa leva unha semana sen casos.
  • O Vicedo sen casos en quince días.
  • Ourol, sen casos durante quince días.
  • Ribadeo, por debaixo de 10.
  • Riotorto, sen casos en quince días.
  • Trabada, por debaixo de 10.
  • Viveiro, quince días limpo xa.
  • Xove, por debaixo de 10.

Terra Chá

  • A Pastoriza leva quince días sen contaxios novos.
  • Abadín está sen casos dende hai dúas semanas.
  • As Pontes, quince días sen casos novos.
  • Begonte, quince días sen contaxios.
  • Castro de Rei xa son quince días limpo.
  • Cospeito cumpre quince días sen casos.
  • Friol leva quince días sen contaxios.
  • Guitiriz, sen casos en quince días.
  • Meira sen casos tamén en quince días.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei, sen contaxios tamén en quince días.
  • Pol leva tamén quince días sen casos.
  • Rábade, quince días sen contaxios.
  • Vilalba, xa son quince días sen casos.
  • Xermade, leva quince días sen contaxios.

Comarca de Sarria

  • Láncara, quince días sen contaxios.
  • O Incio volve ter algún caso.
  • O Páramo, quince días sen casos.
  • Paradela volve ter algún caso.
  • Samos leva quince días sen contaxios.
  • Sarria, unha semana sen casos.
  • Triacastela, por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada suma xa unha semana sen casos.
  • Antas de Ulla suma unha semana sen contaxios.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla xa son quince días sen casos.
  • Baleira leva sen casos quince días.
  • Becerreá cumpre dúas semanas sen contaxios.
  • Castroverde, xa son dúas semanas limpo de covid.
  • Cervantes xa leva quince días sen casos.
  • Guntín, quince días sen contaxios.
  • Lugo está por debaixo dos 10 casos.
  • Monterroso, xa son quince días sen contaxios.
  • Navia de Suarna, sen casos novos en quince días.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo leva quince días sen casos.
  • Palas de Rei xa leva dúas semanas sen contaxios.
  • Pedrafita leva quince días sen casos.
  • Portomarín, quince días limpo xa.
  • Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón, quince días sen casos.
  • Bóveda leva xa quince días sen casos.
  • Carballedo xa son quince días limpo.
  • Chantada, por debaixo de 10.
  • Folgoso do Courel, quince días sen contaxios.
  • Monforte mantén os 16 casos de onte.
  • O Saviñao suma quince días limpo.
  • Pantón suma xa quince días limpo.
  • Quiroga, por debaixo de 10.
  • Ribas de Sil xa son quince días sen casos.
  • Sober, unha semana sen casos tamén.
  • Taboada, sen casos en quince días.

AS RESTRICIÓNS

O plan de hostalería segura entrou en vigor. O DOG recolle o novo protocolo que indica que as barras poden usarse de forma individual ou cun máximo de dúas persoas por grupo sempre que sexan conviventes.

As barras dos bares abrirán nos establecementos situados no tipo 2 do novo modelo, que non depende da incidencia de casos covid do municipio, senón que ten que ver coas esixencias que se cumpran por parte dos locais.

Os locais de tipo uno terán as seguintes condicións e requisitos: interior ao 50%, exterior ao 75% de aforo; distancia de 1,5 metros entre mesas, exposición pública de aforos, medidor de CO2 con notificacións como máximo cada 4 horas; máscaras cirúrxicas para o persoal; e dúas horas de formación de protocolos covid para o persoal.

Pola súa banda, os locais do tipo dous, con maiores esixencias, deberán contar cun medidor de CO2 que faga anotacións constantes. Tamén deberán dispoñer de máscaras FFP2 para o persoal que o requira, deberán facerse probas diagnósticas cada sete ou oito días e haberá un rexistro de clientes nos restaurantes.

A estes, súmase un terceiro nivel, de seguridade, que só será de aplicación cando así o decidan as autoridades sanitarias en situacións extraordinarias pola gravidade da situación epidemiolóxica e a ocupación asistencial.

Especialmente, segundo recolle o DOG bis, incídese nas condicións de adecuada ventilación que velen pola calidade do aire interior, así como o establecemento dun plan de control e inspección autonómico, en colaboración coas entidades locais.

Entre outras cuestións, incide tamén en que deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre mesas ou, de ser o caso, agrupación de mesas, coas limitacións xa impostas ao número de persoas.

AFOROS

Sanidade avanzou que a hostalaría verá ampliada a capacidade de atender en cada unha das súas mesas, de maneira que se poderán xuntar grupos de ata oito persoas en interiores e de 15 en exteriores, fronte ás seis e dez actuais.

Tamén eliminan a limitación de circulación nocurna ás 3 a madrugada.

Os estadios de fútbol tamén poderán chegar ao 100 por cento do seu aforo, medida que entra en vigor o 1 de outubro. Os pavillóns de baloncesto estarán ao 80%.

Na cultura, poderá ocuparse o 50% no nivel máximo de alerta e o 75% no resto de niveis pero sin límite total de persoas como sucedía ata o de agora.

En concertos ao aire libre o máximo será de 5.000 persoas en parcelas o agrupamentos de 500 e sen superar o 33% das parcelas.