Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid recupera a senda do descenso de casos pero aumenta a hospitalización

Por 6 Outubro, 2021Outubro 7th, 2021Sin comentarios

A covid recupera de novo a senda do descenso de casos tras un novo crecemento das altas e o baixo número de casos novos.

Así hoxe hai 111 casos activos, 10 menos que onte, cun rexistro de 4 novos positivos e 13 altas. Onte a subida foi de 2 enfermos con 7 novos contaxios e 6 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.941 casos rexistrados e 252 persoas falecidas, 35 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria segue crecendo ata 8 persoas ingresadas en tres hospitais (2 máis). A UCI do Hula suma un novo paciente e xa son 3, e nas diferentes plantas son 5 os enfermos; 2 na Mariña e 3 en Monforte (1 máis). No de Lugo segue sen haber enfermos en planta.

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:

    • En alerta máxima: Ningún.
    • En alerta alta: Ningún.
    • No nivel medio: Foz.
    • No nivel baixo: o resto de concellos.

POR COMARCAS

Aparece algún concello máis con casos de virus pero sempre por debaixo de dez casos, cifra que tamén acada Monforte. En Foz segue a contención do gromo. No resto mantense a estabilidade.

A Mariña

  • A Pontenova leva quince días sen contaxios.
  • Alfoz cumpre xa dúas semanas sen casos.
  • Barreiros, por debaixo de 10.
  • Burela, por debaixo de 10.
  • Cervo, por debaixo de 10.
  • Foz baixa de novo. Son 28 contaxios (1 menos).
  • Lourenzá, por debaixo de 10.
  • Mondoñedo, quince días sen casos.
  • O Valadouro xa leva unha semana sen casos.
  • O Vicedo sen casos en quince días.
  • Ourol, sen casos durante quince días.
  • Ribadeo, por debaixo de 10.
  • Riotorto, sen casos en quince días.
  • Trabada, por debaixo de 10.
  • Viveiro, por debaixo de 10.
  • Xove, por debaixo de 10.

Terra Chá

  • A Pastoriza leva quince días sen contaxios novos.
  • Abadín está sen casos dende hai dúas semanas.
  • As Pontes, quince días sen casos novos.
  • Begonte, quince días sen contaxios.
  • Castro de Rei xa son quince días limpo.
  • Cospeito cumpre quince días sen casos.
  • Friol leva quince días sen contaxios.
  • Guitiriz, sen casos en quince días.
  • Meira, por debaixo de 10.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei, sen contaxios tamén en quince días.
  • Pol leva tamén quince días sen casos.
  • Rábade, quince días sen contaxios.
  • Vilalba, xa son quince días sen casos.
  • Xermade, leva quince días sen contaxios.

Comarca de Sarria

  • Láncara, quince días sen contaxios.
  • O Incio, por debaixo de 10.
  • O Páramo, quince días sen casos.
  • Paradela, por debaixo de 10.
  • Samos leva quince días sen contaxios.
  • Sarria xa leva quince días sen casos novos.
  • Triacastela, por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada suma xa unha semana sen casos.
  • Antas de Ulla suma unha semana sen contaxios.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla xa son quince días sen casos.
  • Baleira leva sen casos quince días.
  • Becerreá cumpre dúas semanas sen contaxios.
  • Castroverde volve ter algún caso.
  • Cervantes xa leva quince días sen casos.
  • Guntín, quince días sen contaxios.
  • Lugo está por debaixo dos 10 casos.
  • Monterroso, xa son quince días sen contaxios.
  • Navia de Suarna, sen casos novos en quince días.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo leva quince días sen casos.
  • Palas de Rei xa leva dúas semanas sen contaxios.
  • Pedrafita leva quince días sen casos.
  • Portomarín, quince días limpo xa.
  • Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón, quince días sen casos.
  • Bóveda leva xa quince días sen casos.
  • Carballedo xa son quince días limpo.
  • Chantada cumpre unha semana sen casos.
  • Folgoso do Courel, quince días sen contaxios.
  • Monforte xa está por debaixo de 10 casos novos.
  • O Saviñao suma quince días limpo.
  • Pantón suma xa quince días limpo.
  • Quiroga, por debaixo de 10.
  • Ribas de Sil xa son quince días sen casos.
  • Sober, unha semana sen casos tamén.
  • Taboada, sen casos en quince días.

AS RESTRICIÓNS

O plan de hostalería segura entrou en vigor. O DOG recolle o novo protocolo que indica que as barras poden usarse de forma individual ou cun máximo de dúas persoas por grupo sempre que sexan conviventes.

As barras dos bares abrirán nos establecementos situados no tipo 2 do novo modelo, que non depende da incidencia de casos covid do municipio, senón que ten que ver coas esixencias que se cumpran por parte dos locais.

Os locais de tipo uno terán as seguintes condicións e requisitos: interior ao 50%, exterior ao 75% de aforo; distancia de 1,5 metros entre mesas, exposición pública de aforos, medidor de CO2 con notificacións como máximo cada 4 horas; máscaras cirúrxicas para o persoal; e dúas horas de formación de protocolos covid para o persoal.

Pola súa banda, os locais do tipo dous, con maiores esixencias, deberán contar cun medidor de CO2 que faga anotacións constantes. Tamén deberán dispoñer de máscaras FFP2 para o persoal que o requira, deberán facerse probas diagnósticas cada sete ou oito días e haberá un rexistro de clientes nos restaurantes.

A estes, súmase un terceiro nivel, de seguridade, que só será de aplicación cando así o decidan as autoridades sanitarias en situacións extraordinarias pola gravidade da situación epidemiolóxica e a ocupación asistencial.

Especialmente, segundo recolle o DOG bis, incídese nas condicións de adecuada ventilación que velen pola calidade do aire interior, así como o establecemento dun plan de control e inspección autonómico, en colaboración coas entidades locais.

Entre outras cuestións, incide tamén en que deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre mesas ou, de ser o caso, agrupación de mesas, coas limitacións xa impostas ao número de persoas.

AFOROS

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou da decisión do comité clínico de ampliar, en liñas xerais, os aforos do 75 ao 90% no locais de diferentes eidos sociais, agás no caso do lecer nocturno.

O anuncio prodúcese logo de que comunidade galega se situase, xunto con Asturias, nunha das comunidades autónomas cuxa incidencia acumulada xa se empraza nunha situación de risco epidemiolóxico controlado, ou tamén denominada fase de nova normalidade. Así, Galicia rexistra unha incidencia acumulada a 7 días de 8,6 casos por cada 100.000 habitantes, e de 22,9 casos, no seu cómputo a 14 días. Ademais, 249 dos 313 concellos galegos (80%), non notificaron novos casos covid nos últimos 7 días.

Ante a nova situación epidemiolóxica, o comité clínico decidiu avanzar nun novo sistema de vixilancia da pandemia, onde se retomará o modelo de retrorastrexo de casos, se incidirá no control da trazabilidade dos gromos e na secuenciación de posibles variantes do virus, e se implementará un seguimento da efectividade vacinal.

Nesta mesma liña, o grupo de expertos que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia acordou tamén ampliar os aforos en diversas actividades sociais, culturais e económicas.

Como regra xeral, e agás no caso do sector de lecer nocturno, os aforos actualmente situados no 75% veránse ampliados até o 90% de capacidade máxima. Este será o caso  dos interiores dos comercios, academias, lugares de culto, instalacións deportivas e actividades culturais. Nestes ámbitos tamén se eliminará o número máximo de persoas que poden realizar actividades en grupo.

No caso dos espectáculos musicais e artísticos con público sentado -tanto en recintos interiores como ao aire libre- poderán ampliar a capacidade de público do 75 ao 90% de aforo. No caso de desenvolverse estas actividades con público de pé, establécese un máximo do 50% para o interior, e amplíase do 33 ao 66% se teñen lugar ao aire libre . Neste último caso, e sempre e cando se cumpran os aforos, suprímese a limitación máxima de 5.000 persoas que estaba establecida até o de agora.

No caso da hostalería, amplíase o número máximo do grupo de persoas en interior que pasa de 8 a 10 persoas, e de 15 a 20 nas terrazas. Os aforos dos locais de hostalería, en nivel dunha cunchiña, quedan fixados no 75% interior e increméntase ao 90% no exterior. No caso dos locais encadrados no nivel de dúas cunchiñas amplíase ao 90% no interior e permanece o 100% nas terrazas.

No que atinxe ao transporte público, do 100% de usuarios sentados que xa estaba implantado, increméntase agora o aforo de persoas de pé até o 75%. Nos caso dos albergues e hoteis a súa capacidade aumenta até o 75%;  e no que atinxe aos velorios tamén se verá ampliada a súa capacidade máxima actual, ao pasar dun máximo de 10 persoas a 20.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado 9 de outubro.