Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Industria e Xunta piden a Vestas que amplíe o período de consultas ata finais de ano

Por 5 Novembro, 2021Sin comentarios

Hoxe celebrouse a cuarta mesa industrial en Santiago de Compostela, unha reunión na que destacou que a Xunta de Galicia, Goberno central e a parte social coinciden en que é positivo a ampliación do período de consultas ata finais de decembro.

Neste senso, segundo o comité de empresa “a empresa non se pronuncia o respecto pero tampouco se nega”. Así mesmo a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, anunciou que unha nova empresa vén de mostrar interese pola compra da factoría, polo que serían nove as firmas viables desde o punto de vista do obxecto social.

Por outra banda, a empresa de xeito unilateral prolongou de novo o período de consultas ata o luns día 8 e ao mesmo tempo citou ao comité para reunirse no lugar habitual as 16.00 horas.