Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Os traballadores de Vestas comezan un calendario de manifestacións pola comarca

Por 13 Novembro, 2021Novembro 21st, 2021Sin comentarios

O comité de Vestas en Viveiro comezou onte un calendario de mobilizacións que durará ata o mércores 22 de decembro. Así, o Porto de Foz acolleu a primeira manifestaciónonte pola tarde despois de que concluíse sen acordo a negociación de ERE que afecta a 115 traballadores da empresa danesa.

Na protesta os participantes portaron muíños de ventos e acenderon bengalas en sinal do seu descontento coa situación que están a vivir.

As seguintes durante o mes de novembro serán a folga xeral convocada para o mércores 17 de novembro as 12.00 horas, o venres 17 en Viveiro de 17.30 a 19.30 horas, o mércores 24 o corte de estrada no ponte do Barqueiro ás 17.00 horas e o venres 26 en Ribadeo ás 17.00 horas.

Xa en decembro serán o venres 3 en Burela, o 10 en San Cibrao, o 17 en Xove ás 17.00 horas. Haberá corte de estradas o mércores 15 na ponte de Landrove ás 17.00 horas. E falta por concretar a derradeira folga o mércores 22 en Lugo.

Por outra banda, os traballadores de Alcoa San Cibrao convocaron unha andaina motera para o domingo 21 de novembro entre O Valadouro e San Cibrao.. Terá saída dende a praza de Santa María ás 10.30 horas e chegará á praza dos Campos de San Cibrao ás 13.00 horas.