Skip to main content
Cervo

Ordenan a demolición dos dous esqueletos situados en Galdín, San Cibrao

Por 5 Novembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Cervo ordena a demolición dos dous bloques de vivendas sen rematar situados en Galdín, San Cibrao, a custo do interesado, que en ambos casos é a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Restructuración Bancaria S.A. (SAREB).

No caso de incumprimento da orde de demolición no prazo de tres meses, procederase, ou ben á execución subsidiaria da mesma, ou ben á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas.

Estas obras son dúas construcións non finalizadas, propiedade de Os Molineros e Pasillo Verde, cuxa licencia urbanística foi concedida xa no ano 2006 e debido á crise económica quedaron sen rematar. 

Sinala o rexedor Alfonso Villares que “ fai xa máis de catro anos que iniciamos os trámites para lograr, en primeiro lugar, a caducidade da licencia de ambas construcións, que xa se conseguiu; e en segundo lugar iniciar un expediente de reposición de legalidade urbanística, que tamén está rematado”. 

Engade o rexedor que “ordenar a demolición dos dous esqueletos é xa o último paso e agardamos que o SAREB, que é a entidade propietaria e encargada do custo da demolición, cumpra e execute este requirimento”