Skip to main content
Mondoñedo

Xa se coñecen os gañadores do certame Manuel Leiras Pulpeiro

Por 28 Novembro, 2021Novembro 30th, 2021Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo informou da gañadora da décima edición do certame Manuel Leiras Pulpeiro, unha edición marcada polo gran número de obras participantes, arredor dunhas cen.

A obra gañadora é Muiñeira da Pinguela e é propiedade da autora Lupe Gómez Arto e levará un premio de 1.500 euros e un diploma. O segundo premio foi para O mapa do pintor do autor Xurxo Alonso García, e será agasallado con 600 euros, e o terceiro foi para Os amantes de Miriam Ferradáns Ferradás.

A entrega dos premios terá lugar o xoves 23 de decembro ás 12.30 horas coa recepción oficial no Cemiterio Vello e a Ofrenda Floral ante a tumba do poeta, para despois ás 13.00 horas ser a entrega oficial dos premios no salón de Plenos do Concello.