Skip to main content
Ribadeo

A Xunta recorrerá a decisión do IXN que fai oficial o topónimo ría del Eo

Por 27 Novembro, 2021Sin comentarios

O Grupo Popular apoiou no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a liderar o proceso de recurso da decisión do Instituto Xeográfico Nacional, defendendo o topónimo “Ría de Ribadeo” e persoándose como parte interesada xunto ás demais administracións públicas e plataformas cidadás.

A deputada popular Sandra Vázquez lembrou que “o topónimo que designa a ría, que na actualidade é fronteira administrativa entre Asturias e Galicia, foi ditaminado pola Comisión de Toponimia da Xunta en 2006, en canto que é topónimo propio galego, como Ría de Ribadeo”. 

ÚNICA FORMA VÁLIDA

“As rías son mar que entra terra dentro e por iso non reciben o nome dos ríos que achegan auga, senón daquela vila que antes ou mellor consolidou porto de mar”, explicou a deputada popular. Deste xeito, apuntou que “se as rías levasen o nome dos ríos que nelas desembocan, na ría de Ribadeo fano catro: o Eo, o Suarón, o Monxardín e o Grande”.

Sandra Vázquez asegurou que, tanto o PPdeG como a Xunta, “levamos apoiando diversas iniciativas defendendo como única forma válida “Ría de Ribadeo” para referirse a este enclave, presentaremos o correspondente recurso ante o Instituto Xeográfico Nacional para que considere a resolución emitida; e seguiremos insistindo ante as instancias xudiciais correspondentes para que prevaleza a denominación da “Ría de Ribadeo” como única válida oficialmente.