Skip to main content
Axenda Caducada

Representación teatral en Friol este venres

Por 1 Novembro, 2021Novembro 5th, 2021Sin comentarios

O salón de actos do centro sociocultural de Friol acollerá este venres, 5 de novembro, a representación teatral Estela do Día, a cargo de Excéntricas e dentro do programa de dinamización linguística falaRedes.

A sesión terá lugar ás 17.30 horas patrocinada polo Concello de Friol e o GDR Comarca de Lugo.

Estrela do Día é unha comedia divina, chea de cor, de música, de misterio e de humor. A palabra poética dos códices foxe do libro e encárnase na escena. As personaxes saen das miniaturas medievais e chegan aos nosos días da man e do talento de Evaristo Calvo, Rocío González, Victor Mosquera e Patricia Vázquez.