Skip to main content
Axenda Caducada

O salón de actos do Concello de Alfoz acollerá unha charla sobre compost

Por 15 Novembro, 2021Novembro 26th, 2021Sin comentarios

O día 26 de novembro, ás 18.00 horas no Salón de Actos de Cultura haberá unha charla formativa para aprender a facer compost impartida por mestres composteiros de Sogama. Está aberta a toda a poboación interesada en aprender a compostar, independentemente de que teñan ou non composteiro.

Sogama facilitounos 25 composteiros, os cales poden solicitarse no Concello chamando ao teléfono 982 558 001 ext.3) nesta segunda fase na que o Concello de Alfoz promove a reutilización de restos orgánicos do lixo para xerar abono de alta calidade e na que a participación, respecto ao número de demandantes de composteiros, está a ser moi boa.