Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan un curso sobre produción do capón de Vilalba

Por 4 Novembro, 2021Novembro 5th, 2021Sin comentarios

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), coa colaboración do Concello de Vilalba e financiado polo Goberno central e a Xunta, organiza un curso de formación sobre a produción de capón de Vilalba que se celebrará este venres, día 5 de novembro, na Biblioteca Municipal. Aberto para todo aquel interesado.

O curso será de 10:00 a 20:00 horas dividido en distintos bloques e espazos. Os participantes coñecerán polo miúdo os beneficios da existencia dun selo de calidade e da Indicación Xeográfica Protexida (IXP).

O curso tratará tamén as diferentes técnicas de produción de capón existentes na actualidade, práctica sobre a castración e inclúe unha visita técnica a unha explotación.

“Trátase dunha iniciativa de formación moi interesante para falar dun sector produtivo fundamental e prioritario na economía local”, asegura a concelleira Antía Rama.

Para inscribirse, todos os interesados poden escribir a formación.agacal@xunta.gal indicando a localidade no asunto e adxuntando un formulario cos seus datos.