Skip to main content
Axenda Caducada

Gontán recupera este sábado a Feira de Santos

Por 4 Novembro, 2021Novembro 6th, 2021Sin comentarios

Un ano máis, o recinto feiral de Gontán acollerá este sábado, 6 de novembro, a tradicional Feira de Santos, outras das citas que regresa ao calendario tralo paso da covid-19.

O alcalde da localidade, José María López Rancaño, anunciou que este ano haberá máis postos que antes da pandemia e que se abrirá toda a vila á colocación de participantes na feira. Debido á importante afluencia de xente, abrirase a nave acristalada para a instalación de postos.

Por outra banda, o alcalde anunciou tamén que este ano haberá concurso de gando no que se premiarán as mellores reses equipas e bovinas e a entrega de premios está prevista para as 14.00 horas.