Skip to main content
Axenda Caducada

Con motivo do 25N vanse a levar a cabo dous actos en Ourol

Por 13 Novembro, 2021Novembro 29th, 2021Sin comentarios

Dende o Concello de Ourol, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, vanse a levar a cabo dous actos nas vindeiras semanas.

III Andaina contra a violencia de xénero

Será como acto de repulsa colectiva contra esta lacra social que acaba coa vida de tantas mulleres a mans das súas parellas ou exparellas cada ano. Neste acto tamén se dará lectura por parte do alcalde dun manifesto de repulsa contra calquer acto de violencia machista e como símbolo do compromiso e implicación na loita contra a violencia de xénero. Esta andaina terá lugar o día 25 de novembro polo Paseo da Rega ás 11:30 horas.

Obradoiro de formación en violencia de xénero

Esta actividade, que vai dirixida a toda a poboación, terá lugar o vindeiro día 29 de novembro ás 17:00 horas. no Edificio Multiusos e ten como obxecto sensibilizar e concienciar á cidadanía na eliminación de prexuizos de xénero, e a necesidade da educar en igualdade para contribuir a unha sociedade máis xusta e sen discriminacións e agresións cara as mulleres.