Skip to main content
Axenda Caducada

O teatro volve ao local de Hipócrita o sábado 20 de novembro

Por 16 Novembro, 2021Novembro 20th, 2021Sin comentarios

O sábado 20 de novembro ás 19.00 horas o Local Hipócrita ubicado na rúa lucense Doutor Gasalla 18, acollerá una nova función teatral. Trátase dunha nova obra do Grupo de Teatro da Biblioteca de Antas de Ulla, titulada Historias pequenas de xente que non lle importa a ninguén.

A peza, dirixida por Ana Carreira, reúne varias escenas independentes protagonizadas por personaxes anónimos que atravesan momentos de dificultade: unha mendiga que reclama, unha moza que pide traballo, un neno que atopa unha estrela, unha moza con ollo de cristal, unha moza que come o presente de orquídeas que lle regalan, un barbeiro que axuda a desaparecer, un domador que perde o seu león, un robot que non entende aos humanos e un asasino asasinado.

Esta función forma parte da programación do Ciclo Táboas Cheas de Emoción da Deputación Provincial. As entradas son de balde ata completar a capacidade e poden collerse no propio local dende unha hora antes da función.