Skip to main content
Axenda Caducada

Trabada organiza un obradoiro o 25 sobre auto-coidado

Por 17 Novembro, 2021Novembro 25th, 2021Sin comentarios

O Concello de Trabada organiza un obradoiro o próximo 25 de novembro, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

O obradoiro ‘O pracer de ser muller. Dinámicas de auto-coidado’ se celebrará o día 25 de 10:30 a 13:00 horas na Casa da Cultura de Trabada. A monitora será Sonia María Lamas, terapeuta holística e naturópata pola USC. É maestra de Reiki, profesora de terapias corporais e facilita círculos de mulleres dende 2005.

Mediante dinámicas dos círculos de mulleres, as participantes no obradoiro iranse facendo conscientes de sí mesmas, e a través de diferentes dinámicas, para ir hacia o auto-coidado corporal, emocional e mental.

“Animamos a todas as mulleres do concello a participar, é unha iniciativa moi interesante para aprender dinámicas e comportamentos que despois aplicarán na vida diaria”, asegura a concelleira Julia María Barcia.

A inscrición pode facerse ata o 24 de novembro no Concello de Trabada (982 135 011).