Skip to main content
Axenda Caducada

A Banda de música de Sarria volve aos escenarios este sábado

Por 26 Novembro, 2021Novembro 27th, 2021Sin comentarios

A banda de música de Sarria encargarase do Concerto de Santa Cecilia.

A actuación terá lugar o sábado 27 de novembro as 20.00 horas na Igrexa nosa Señora do Rosario.

Este tipo de actuacións son perfectas para pasar un bo rato e desfrutar da música dunha forma sinxela. Ademais é unha boa oportunidade de facer actividades que conformen parroquia e veciñanza.

A Banda de música de Sarria volve subir aos escenarios despois da situación complicada que se está a vivir debido ao COVID-19 e farao cun repertorio que sorprenderá ao seu público.