Skip to main content
Antas de Ulla

AVA propón a creación dunha mesa de traballo para elaborar un plan municipal

Por 12 Novembro, 2021Sin comentarios
AVA propón a creación dunha mesa de traballo para elaborar un plan municipal contra o despoboamento en Antas de Ulla, así
“o noso municipio non deu saída a ningunha vivenda no primeiro trimestre deste ano, tal e como recolle un informe do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. No mesmo período do ano pasado, antes de coñecer o virus, as vendas tamén foron nulas, ao igual que as contabilizadas entre xaneiro e marzo de 2019″, din.

“Antas de Ulla é o concello da nosa comarca con menor poboación. Non chegamos aos 2000 habitantes actualmente fronte aos arredor de 3500 habitantes cos que contan os outros dous concellos da comarca”, engaden dende a formación política.

Doutra banda, en Antas de Ulla contamos cun PXOM que aínda non foi aprobado de xeito definitivo.

Polo anterior ven necesario que o Goberno municipal de Antas de Ulla elabore un plan a medio-longo prazo que teña como obxectivo revertir a situación de despoboamento que sufre o Concello.

Piden que sexa un plan no que participe o pleno municipal ao completo, someténdoo a revisión e diálogo constantes, promover a rehabilitación e posta en alugueiro de vivendas que actualmente están deshabitadas, diminución no pago do IBI e solicitar ao goberno autonómico que promova un plan municipal de rexeneración urbanística para pequenos municipios. Tamén piden habilitar un espazo coworking e retomar a tramitación do PXOM.