Skip to main content
Chantada

As fotografías de Begoña Pérez López chegan ao Espazo Xove de Chantada

Por 24 Novembro, 2021Sin comentarios

Dentro do ciclo FotografiArte chega a quenda de “Guinea Bissau”, unha exposición de Begoña Pérez López.

Poderáse visitar a exposición no Espazo Xove de Chantada dende o día 23 de novembro ao 17 de decembro.

É unha mostra de varias fotografías realizadas na Guinea Bissau, presididas todas elas pola Rainha da illa matriarcal de Canhabaque, no arquipélago de Bijagós. Trátase dun retrato social, da vida e das costumes de persoas que imaxinamos lonxe, pero que se atopan moito máis preto do que podemos pensar.