Skip to main content
Pantón

O 30 de novembro terá lugar en Pantón a presentación dos traballos do Preguntoiro

Por 29 Novembro, 2021Sin comentarios

O Martes 30 de novembro ás 18.00 horas o Salón de Actos da Casa de Cultura de Pantón acollerá a presentación dos traballos arqueolóxicos realizados no xacemento de O Preguntoiro en Pombeiro.

O acto terá como relatores a Xurxo Ayón, Adnrés Currás e Sonia García.

Ao rematar o acto ofrecerase un viño da Ribeira Sacra.

Potencial arqueolóxico excepcional

A área do Preguntoiro presenta un potencial arqueolóxico excepcional, xa que se trata dunha paisaxe medieval fosilizada na que se conservan as pegadas materiais do sistema de explotación agrario baseado na castaña (sequeiros e soutos) e no viño (antigos socalcos e muros feitos con aparello ciclópeo de granito).

Por este motivo, de xeito paralelo á intervención vanse realizar traballos de investigación coa toma de mostras e realización de analíticas co fin de contextualizar cronoloxicamente esta paisaxe cultural, a súa xénese construtiva, os seus usos e transformacións e as súas implicacións culturais, históricas e económicas.