Skip to main content
O Saviñao

Éxito no Círculo Saviñao coa obra de teatro As tres solteironas

Por 2 Novembro, 2021Sin comentarios

O Círculo Saviñao destaca a representación da obra de teatro As tres solteironas, levada a cabo pola Asociación Cultural Abrente das Nogais no auditorio municipal de Escairón para socios do Círculo Saviñao, veciños e veciñas.

Así pois, destácase o teatro realizado, a través dunha comedia costumista e divertida, cunha posta en escea sinxela pero eficaz. A obra está ambientada na Galicia rural dos anos cincuenta, escrita polo cura das Nogais, e dirixida con acerto por Fe Álvarez, cun idioma rico en matices e auténtico como é o galego da montaña lucense.

A representación forma parte do Circuito de Teatro Aficionado da Deputación de Lugo.