Skip to main content
Samos

O Concello de Samos quere fomentar o turismo a través de melloras na vila

Por 5 Novembro, 2021Novembro 7th, 2021Sin comentarios

O Concello de Samos quere fomentar o turismo a través dunha mellora na entrada do Camiño de Santiago. Isto supón a construcción dunha praza na vila. A obra realizaríase na rúa Fontao preto da casa consistoral.

A construción desta praza enmárcase nun proxecto maior que tamén inclúe unha pasarela sobre o río Oribio e a adecuación dunha finca ao leito do mesmo para que a contorna sexa máis acolledora, promovendo que os turistas e peregrinos gocen dunha paisaxe natural.

300.000 euros sería o custe final que se estima deste proxecto que xa foi remitido á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.