Skip to main content
Samos

O 1 de decembro presentarase en Samos o Club turístico-gastronómico da castaña e do mel

Por 28 Novembro, 2021Sin comentarios

O mércores 1 de decembro terá lugar na Casa de Aira Padrón en Samos a presentación do Club turístico-gastronómico da castaña e do mel, onde se realizará tamén un showcooking con estes productos, organizado polo GDR Ribeira Sacra-Courel en Triacastela e Folgoso do Courel.

O día 25 tivo lugar no Centro Sociocultural Fondo de Vila de Folgoso do Courel o Obradoiro de Creación de Experiencias Turísticas, con más de 20 asisentes de forma presencial. A inscrición foi totalmente de balde na web www.destinocourel.org.

Co obxectivo de dinamizar turísticamente o territorio, unha das accións máis importantes a desenvolver foi a celebración onte xoves do Obradoiro de Creación de Experiencias. Crear experiencias implica apostar polo local, pola orixe e pola propia esencia de cada destino. Significa ofrecer unha alternativa aos consumidores, permitíndolles interactuar de forma máis activa, sensitiva e emocional co contorno.

O mércores 24 celebrouse en Triacastela o I Obradoiro de Emprendemento “Destino Courel” sobre o mundo da castaña e do mel cun éxito de participación entre os profesionais e futuros profesionais do territorio.

Neste obradoiro de Emprendemento, a actividade estivo dirixida a todas a aquelas persoas que interesadas en comezar a súa andaina nun oficio ou proxecto relacionado coa castaña e o mel a través do emprendemento, sen esquecer todos aqueles profesionais que queiran desenvolver ou mellorar o seus modelos de negocio ou actividades profesionais neste sector.

Entre os tipos de negocio aos que vai dirixido este tipo de formación encóntranse negocios de restauración, obradoiros de pastelería e confeituras, produtores de experiencias turísticas, produtores de mel, artesáns, comerciantes, etc.

Programouse un modelo de encontro aberto no que se fomentará a participación dos profesionais ou futuros profesionais, ampliando a súa formación e coñecementos especializados, aportando solucións, presentando casos de éxito, resolvendo dúbidas, optimizando a súa actividade, atendendo as súas suxestións e recomendacións; co fin último de mellorar a oferta de negocios e proxectos emprendedores sustentable á vez que se explotan os produtos estrela da zona, pero sen esquecer a importancia de xerar un ecosistema colaborativo no destino.

Destino Courel

É unha iniciativa creada pola asociación GDR Ribeira-Sacra Courel que se definiu en 2020 como a marca do xeodestino O Courel, que abarca os concellos de Folgoso do Courel, O Incio, Samos e Triacastela, e polo cal pasa o Camiño francés. O obxectivo é crear, mellorar e consolidar diferentes proxectos e negocios sustentables no Destino Courel de Lugo, o cal supón unha nova aposta por parte dos catro concellos por poñer en valor o talento e os recursos.