Skip to main content
Cospeito

Moexmu volverá no 2022 sumando un novo concurso de gando

Por 4 Novembro, 2021Novembro 6th, 2021Sin comentarios

A Comisión organizadora da XXXVIII edición da Mostra Exposición de Muimenta, comezaron as súas reunión de traballo o pasado mes de xullo encamiñadas á celebración dunha nova Moexmu despois do parón provocado pola pandemia da covid que obrigou a suspender dúas edicións.

A data prevista para a seguinte edición será os días 1, 2 e 3 de abril de 2022, acadando a XXXVIII edición da Mostra Exposición de Muimenta, o XXXVI Concurso de Gando Frisón, a XXXVI Exposición de Gando de Raza Rubia Galega e a XXVI Poxa de Gando Selecto.

A maiores, o recinto feiral Manuel Vila López acollerá o XXX Concurso Autonómico de Raza Frisona Fefriga 2022.

Como explican dende a organización, cando se suspendeu a celebración da Moexmu no ano 2020, na que se ía celebrar o Concurso Autonómico de Gando, sempre se mantivo o interese de acoller dito evento por ambas partes, tanto da xunta directiva de Fefriga, como da comisión da Moexmu. Tras varios contactos, ao longo das últimas semanas, acordouse a súa celebración.

A efectos do concurso autonómico, só poderán participar animais nados en Galicia e propiedade de ganderías galegas.