Skip to main content
Uncategorized @gl

Cae o número de concellos afectados de covid ata 11

Por 1 Novembro, 2021Novembro 2nd, 2021Sin comentarios

A covid cae lixeiramente debido ás altas e á baixada de novos positivos. Así, hoxe hai 38 casos activos, un menos que onte, cun rexistro de 2 novos positivos e 3 altas. Onte a subida foi dun caso, con 4 novos contaxios e 3 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.015 casos rexistrados e 254 persoas falecidas, 37 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria baixa. Son 2 as persoas ingresadas: queda unha na UCI do Hula e 1 en planta, tamén no de Lugo.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

O número de concellos afectados baixan sustancialmente a 11. Na Mariña só queda agora Ribadeo con casos e na Terra Chá seguen Abadín, Castro de Rei, Guitiriz, A Pastoriza e Outeiro de Rei. No centro mellora a situación con Lugo, Ribeira de Piquín e Baleira afectados e con Castroverde e Baralla xa limpos. No sur quedan Monforte e Sarria tras a caída do Saviñao da listaxe de afectados.

A Mariña

  • Ribadeo, por debaixo de 10.
  • Burela leva unha semana sen casos.
  • Máis de quince días limpos: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Riotorto, Trabada, Viveiro e Xove

Terra Chá

  • Por debaixo de 10 contaxios: Abadín, Guitiriz, Castro de Rei, A Pastoriza e Outeiro de Rei.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Vilalba.
  • Máis de quince días limpos: As Pontes, Begonte, Cospeito, Friol, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Sarria, por debaixo de 10.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo baixan a 10 (3 menos).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Baleira e Ribeira de Piquín.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: O Corgo e Becerreá. Únense Castroverde e Baralla.
  • Máis de quince días limpo: Antas de Ulla, As Nogais, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Palas de Rei, Pedrafita e Portomarín. Únese A Fonsagrada.

Ribeira Sacra

  • Por debaixo de 10 contaxios: Monforte.
  • O Saviñao suma xa unha semana sen casos.
  • Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.

RESTRICIÓNS

Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.

  • Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
  • Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
  • No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.